lunes, 22 de abril de 2024

Horta de Infantil

 Coa chegada do bo tempo estamos poñendo a punto a nosa horta: arrancando malas herbas, removendo a terra, comezando a plantar e coidar ... conseguiremos unha boa colleita? 😍






martes, 16 de abril de 2024

Saída ao teatro

 O pasado xoves fomos de saída ao teatro García Barbón para ver a obra "PINGÜIN"


 
 
 Con Pingüin abórdase o tema da difícil situación á que se enfrentan os nenos/as cando teñen que compartir o cariño e a atención da súa familia coa chegada dun novo membro á mesma. O noso «príncipe destronado» deberá superar esta proba e darse conta de que gañou un amigo para toda a vida  Esta obra foi recoñecida co "Premio a Mejor Espectáculo en el World Art Festival of Puppets de Praga" e o Premio a "Mejor Propuesta Dramática" na "Fira de Titelles de Lleida".
 
Pasámolo xenial !
 



*Coma sempre, vos deixamos unha mostra; as titoras vos pasaran máis fotografías.


 
 

martes, 12 de marzo de 2024

 DÍAS ATRÁS,  A TRAVÉS DUN XOGO DE PISTAS QUE FORON RESOLVENDO, OS ALUMNADOS/AS DE CADA CLASE ATOPARON A MULLERES DESCOÑECIDAS POR ELES/AS ATA O MOMENTO...






O PASADO DÍA 8 DE MARZO AS MESTRAS CONVERTÍRONSE EN DAMAS ATREVIDAS QUE VIAXABAN POR GALICIA (ADAPTACIÓN DO CONTO "11 DAMAS ATREVIDAS" DE KALANDRAKA) ÁS QUE SE SUMARON ESAS DAMAS ATREVIDAS GALEGAS QUE FOMOS ATOPANDO A SEMANA ANTERIOR E SOBRE AS QUE ESTAMOS A INVESTIGAR:


YOLANDA CASTAÑO
TERESA PORTELA
MARUXA MALLO
ANA MEILÁN
DESIREÉ VILA
BEGOÑA VILA COSTAS


PINCHANDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEDES VER A NOSA REPRESENTACIÓN TEATRAL:






PERMANECEDE ATENTOS/AS PORQUE MOI PRONTO CREAREMOS ENTRE TODOS/AS  ALGO XENIAL CON TODO O QUE VAIAMOS ATOPANDO SOBRE ELAS...


lunes, 19 de febrero de 2024

Entroido 2024

 Por fin o tempo nos deu un pouquiño de tregua para poder celebrar o desfile de entroido e comer todos xuntos/as as larpeiradas propias da época!.

Os nosos disfraces foron de animais galegos mariños; enmarcados dentro do proxecto de "Miña terra galega" que estamos a levar a cabo toda a escola. 

Deixámosvos un pequeno resumo (as titoras enviaranvos máis fotos). 

Moitas grazas familias por virnos ver, por enviarnos esas cousas tan ricas e por participar nos obradoiros de elaboración de disfraces.

❤️








domingo, 11 de febrero de 2024

VISITA MUSEO LISTE




 A pasada semana visitamos o Museo Liste para coñecer máis sobre o entroido en Galicia. Máis abaixo deixámosvos un enlace que resume todo o que nos explicaron para que vós tamén o poidades descubrir. 

Pasámolo xenial e aprendimos unha chea de cousas! Ata fixemos máscaras de vergalleiros para a nosa escola!

https://museoliste.org/blog/?page_id=503