lunes, 22 de junio de 2026

O noso San Xoán

   E para despedir o curso, nada mellor que algo "tan noso" coma un San Xoán particular. 

   Engalanados/as coas herbiñas típicas deste tempo,  saímos disfrutar da fogueira e botar nela todos os nosos medos; a continuación lavamos as nosas cariñas con auga das herbas para atraer á sorte e para rematar gozamos dunha merendola conxunta onde non podían faltar as sardiñas que mollaron o pan (de millo por suposto😁). 

Moitas grazas famlias por todo o aportado para colaborar coa festa.

  Con isto nos despedimos por todo alto dun curso cheo de aprendizaxes e momentos que gardaremos no noso corazón. Que disfrutedes do merecido descanso e teñades un verán marabilloso.

Deica a volta! 💓





Festa da auga

 

A pasada semana puidemos gozar todo Infantil xuntos/as dunha mañá "pasada por auga" para combatir as altas temperaturas e pasalo xenial.

Moitas propostas para xogar en bañador e chanclas mentras as profes "nos regaban" con mangueiras e chafarís. Foi divertidísimo!





Saída fin de ciclo

    O pasado 8 de xuño, o alumnado de 5 anos visitou durante todo o día a Granxa Escola "El Hórreo" en Gondomar.

   Coñecimos as súas instalacións, aos animais residentes e a súa vida e coidados na granxa e ata fixemos un taller de insectos!. 

   Foi un día emocionante que supuxo o broche de ouro aos tres anos maravillosos de Infantil dos Marisquiños e Arcos da Vella!

Deixámosvos a súa web por se vos apetece visitala pola vosa conta e pasar un día en familia rodeados/as de natureza: https://www.granjaelhorreo.com/

viernes, 15 de mayo de 2026

martes, 5 de mayo de 2026

SAÍDA AO TEATRO GARCÍA BARBÓN

 Onte voltamos da ponte e fómonos de saída ao teatro ver unha obra de monicreques: 

"Vuela pluma" : conto sobre a liberdade, a amizade, a búsqueda dos nosos soños... deixamos no seguinte link toda a información: 

 https://escolares.afundacion.org/es/actividad/vuela-pluma/

       PASÁMOLO EN GRANDE!





 

viernes, 24 de abril de 2026

VIII FEIRA DO LIBRO

   A semana pasada tivemos a sorte de poder contar con Paco Nogueiras coma contacontos para anunciar que, un ano máis, como xa é tradición, viviriamos con entusiasmo a Feira do Libro (entorno ao 23 de abril , celebración do Día do Libro).

  Ao remate, cada neno e nena levará un libro para casa, un pequeno tesouro para seguir soñando dende o fogar.










viernes, 17 de abril de 2026

Museo da MULLER

   Partindo da celebración do 8 M e do Proxecto Anual de Centro “Algo se coce no Lope...”, cada aula investigou durante o mes de marzo a unha muller relacionada dalgún xeito co mundo da cociña/alimentos. 

 Como resultado, instalamos este precioso museo nos nosos corredores para uso e goce de todo o alumnado de Infantil durante dúas semanas.

   As mulleres elixidas foron: Clara Peeters, Louise Moillon, Alice Waters, Lucía Freitas, Eva Arguiñano e Mirna Bamieh.