lunes, 26 de mayo de 2025

Museo da Muller


Partindo da celebración do 8 M e do Proxecto Anual de Centro “Os animais”, cada aula investigou a unha muller relacionada dalgún xeito co mundo animal. 

Como resultado, creamos este precioso museo nos nosos
corredores para uso e desfrute de todos/as. Na montaxe podedes ver unha pequena escolma de imaxes.

 As mulleres elixidas foron: Pilar del Cañizo, Ruth Harrison, Bárbara Barrera, Mary Leakey, Rosa Chamorro e Rebeca Atencia.

domingo, 11 de mayo de 2025

Visita da Protectora de animais "Os Palleiros"

 O pasado xoves, enmarcada dentro do noso Proxecto Anual "Os animais", recibimos cos brazos abertos a dúas voluntarias da Asociación Protectora "Os Palleiros". 

 Explicáronnos o labor desta asociación e cousiñas tan interesantes coma como debemos achegarnos a un can descoñecido, que facer para coidar moi ben dos cans/cadelas, a importancia e concienciación sobre o non abandono animal etc... 

 Pero o que máis nos gustou de todo foi que viñeran acompañadas de dúas pequenas adorables que fixeron que desfrutaramos moitísimo desta tan grata visita. 





MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON COS PALLEIROS APORTANDO DONACIÓNS MATERIAIS E BIZUMS PARA QUE POIDAN CONTINUAR CO GRAN TRABALLO QUE ESTÁN A DESENVOLVER!

Se vós tamén queredes coñecer mellor á Tribo Palleira, vos animamos a visitar as súas redes sociais nas que van actualizando o contido divulgativo sobre a importancia do benestar animal. 

jueves, 8 de mayo de 2025

VII FEIRA DO LIBRO

Un ano máis, celebramos con moita ilusión o 23 de abril, Día do Libro, no noso cole. Foron unhas xornadas especiais para gozar da lectura e compartir momentos únicos cos nosos compañeiros e compañeiras.


Como xa é tradición, vivimos con entusiasmo a Feira do Libro, onde os contos, as historias e a maxia das palabras foron os grandes protagonistas. Ao rematar, cada neno e nena levou un libro para casa, un pequeno tesouro para seguir soñando dende o fogar.

Para a súa clausura , tivemos a sorte de poder contar con Paco Nogueiras co seu “Son animal”.







Aquí tedes un pequeno vídeo resumo destes días tan especiais!

Mirade que ben o pasamos rodeados de libros, contos e moita ilusión!