❀ Máis imaxes de "Maios"
❀ Festa dos Maios 2012 - Casco Vello de Vigo
❀ Festa dos Maios Redondela
❀ A tradición dos Maios
❀❁✿❀❁✿❀❁✿❀❁✿❀❁✿❀❁✿
Ao longo desta semana compartiremos diferentes actividades para facer con flores, estade moi atentas e atentos!!
Ademais, xa que este ano non podemos cantarlle ao noso Maio, faremos entre todos e todas as nenas de infantil un "Maio a distancia" cos debuxos das flores elaborados polas crianzas que nos fixéchedes chegar!
Tamén podedes compartir con nós (a través do correo de cada aula) as vosas propostas, resultados das actividades e, se vos animades, as vosas coplas!!
Tamén podedes compartir con nós (a través do correo de cada aula) as vosas propostas, resultados das actividades e, se vos animades, as vosas coplas!!
Compartiremos todo no espazo das familias!
⇲Pincha na imaxe para visitar este espazo!
PROPOSTA Nº4: MARCAPÁXINAS
PROPOSTA Nº3: COMPLEMENTOS FLORAIS
PROPOSTA Nº2: COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS
Para hoxe un marcapáxinas primaveral, para nenos e nenas, para maiores, para regalar... Aquí vos deixamos varios exemplos!
PROPOSTA Nº3: COMPLEMENTOS FLORAIS
E como nos encanta disfrazarnos...esta proposta está pensada para xogar e desfrutar facendo os nosos propios complementos florais!
PROPOSTA Nº2: COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS
Seguimos coas obras de arte! Que vos parece crear con elementos da natureza as seguintes composicións? Aquí vos deixamos como inspiración as creacións de VICKY RAWLINS. Espectaculares!
MULLERES
PAISAXES
PERSONAXES
PROPOSTA Nº1: FLORES XEADAS
A primavera nos brinda a oportunidade de facer unha das cousas que máis nos gusta: recoller flores, follas, ramiñas, pedras, etc.
Quen non chegou a casa algunha vez cos petos cheos de flores ou pedras...; quen non secou algunha vez un ramo de flores para adornar a súa casa...; quen non gardou algunha vez nun libro unha flor para que un momento especial perdurase no tempo...
A primavera nos transporta ao mundo dos sentidos, da nostalxia, da vida...A primavera é a estación das flores e, por iso, agora que xa podemos saír e desfrutar dela, vos propoñemos unha serie de actividades para facer nesta semana tan especial dedicada aos MAIOS.
Para levar a cabo algunhas das propostas precisaredes ter flores, follas, ramiñas... secas, e imos facelo da maneira tradicional: colocamos as flores, etc. entre dúas follas de papel e as introducimos dentro dun libro grande, con suficiente peso para poder prensalas.
Para as propostas de hoxe, as flores, follas, ramas, etc. poder ser frescas ou secas. Trátase de experimentar e crear verdadeiras obras de arte.

CUBOS DE XEO
OBRAS DE ARTE EFÍMERAS
↝COPLAS DOS MAIOS EN PONTEVEDRA
↝CANTIGAS DOS MAIOS
↝COPLAS DOS MAIOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario