IV EDICIÓN "ARTE E CHOCOLATE": OBRAS ALEGRES
Dámoslle a volta a tixola
"Arte e Chocolate"
achégase á escola.
Os nosos corredores énchense de arte coa creación dun museo inspirado en diferentes artistas. A temática das obras é a "alegría", emoción que esperamos contaxiarvos con este traballo.
As nenas e nenos de 4º EI B elexiron "La vaca amarilla" de Franz Marc (preme sobre a ligazón para ver mais).
Os nenos e nenas de 4º EI A decantáronse "Tranvías" de Keith Haring (preme sobre a ligazón para ver mais).
As nenas e nenos de 6ª EI A traballaron sobre Matisse.
Os nenos e nenas de 6º EI B inspiráronse en Yayoi Kusama.
E como xa é tradición despois da arte un chocolate con churros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario