viernes, 22 de enero de 2021

AS FORMIGAS ESTAMOS MOI TRABALLADORAS

 


   AS FORMIGAS QUEDAMOS NA CASA.

Durante esta semana, as formigas estivemos facendo diferentes tarefas na casa. Compartimos por aquí algunhas das nosas actividades:

 
Familias de puntos.

Nun folio vamos facer puntos de diferentes cores con rotulador ou lapis. Despois disto vamos numerar cada familia dunha cor, do 1 ata o número de puntos que fixemos desa mesma cor.
Por último, uniremos a familia perdida de cada cor, seguindo a orden dos números para iso.





O noso nome.

Vamos escribir o noso nome con cada letra dunha cor diferente, para xogar a obter diferentes resultados. Teremos que seguir, a orde das cores marcadas polos puntos anteriormente feitos ao noso gusto.






Pintar con pallas:

Soamente precisamos de témperas e auga... e un chisquiño de imaxinación!







Debuxar sombras:

Aproveitando a luz podemos xogar coas sombras de obxectos, 

xoguetes e siluetas, para seguir o seu trazo con lapis ou rotulador e 

pintalo con ceras , témperas ou o material que teñamos na casa.





Practicamos simetrías.

Pintamos unha metade do noso debuxo coas cores escollidas, para despois dobrar o papel e estampar o pintado sobre a outra metade. Como quedará o  resultado?




Mosaicos con papel absorbente.

Esta é unha maneira diferente de facer puntillismo. Soamente precisamos papel de cociña e rotuladores .... e a crear!




Un pouco de exercicio.

Facemos un circuito na casa? Necesitamos cintas que colocaremos sobre o chan para crear liñas e formas que haberá que seguir sen saírse.



Moitos bicos para tod@s. Vémonos de novo moi pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario