Febreiro é un mes no que hai moitos festexos. Unha das actividades que fixemos para celebrar o mes do amor e da amizade é construir un bote de galletas e enchelo de palabras bonitas.
As nenas e nenos fixeron unhas galletas coa súa pegada en forma de corazón, ata se atreviron a compartir connosco a quen lle regalaban o doce. Os e as máis valentes deixaron unha mensaxe agarimosa para a persoa agasallada coa galleta.
Agardamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario