E chegou unha das festas máis desexadas polos pequenos e pequenas do colexio, "o entroido".
O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa onde o máis importante é disfrazarse e pasalo ben, e no Lope de Vega sabemos moi ben como festexalo.
Para quentar motores decoramos os corredoiros e as nosas aulas traballando a figura dos merdeiros, pantallas, boteiros, peliqueiros ... personaxes típicos do entroido en Galicia.
A semana do 21 ao 24 de febreiro seguimos as instruccións do Meco que cada ano ten unhas ideas máis tolas.
Como sabedes no colexio temos un Proxecto Anual "A volta ao mundo"e así xurdiu a temática do entroido :Tribus urbanas.
Deixamos unha pequena mostra do noso entroido.
Saudiños!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario