O vindeiro xoves 8 de setembro o equipo de infantil estaravos agardando con moitas ganas e ilusión para dar comezo a este novo curso 2022/2023!
Ademais de dar a benvida e reencontrarnos con Peixiños, Legos, Estrelas e Xoaniñas, estamos desexando coñecer aos nenos e nenas de 3 anos que comezan unha nova aventura chea de emocións e diversión!! Para que o comezo desta nova etapa sexa o máis paulatina posible, levaremos a cabo o periodo de adaptación, que se prolongará ata o vindeiro venres 16 de setembro.
Dexámosvos aquí os horarios dos grupos(soamente para nenos e nenas de 3 anos) 👇
Para ir quentando motores e preparándonos para ese día, dexámosvos uns contos relacionados coa volta ao cole! Agardamos que vos gusten!! (pinchade no título para ver o vídeo)
O equipo de infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario