O pasado día 28 de Outubro, celebramos o samaín na escola cun recorrido terrorífico, no que os nenos e nenas de infantil, tiveron que superar as probas que as meigas lles tiñan preparadas.
Despois de botar os medos na pócima máxica e seguir o túnel secreto, os pequen@s tiveron que resolver o acertixo secreto, co que conseguiron unha recompensa moi doce.
Para rematar a xornada fixemos un gran festín terrorífico.
Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario