viernes, 16 de junio de 2023

OS MAIOS

 Esta celebración da exaltación da natureza e de darlle a benvida á mellor época para as colleitas xa a celebraban os castrexos de Galicia e como en infantil gústanos festexar invitamos aos maiores do Centro de día Os Avós e aos da Residencia CleceVitam Pardo Bazán ao noso maio particular. 
Nenos e nenas traballaron todo o día con fentos, fiunchos e outras plantas que trouxeron para deixar un maio tan feitiño coma este.








Intercambiamos cantigas e os maiores remataron a decoración con flores feitas por eles. 
Como fin de festa bailamos xuntos e compartimos unha pequena merenda.









Graciñas pola visita! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario