martes, 25 de junio de 2024

ALUMNADO NOVO DE 4º DE ED. INFANTIL PARA O CURSO 24/25

 

Tras a xuntanza de hoxe coas novas familias do alumnado que comezará 4º de Ed. Infantil o vindeiro curso, deixámosvos os calendarios do período de adaptación. 

Se alguén non lembra o grupo ao que pertence o seu fillo/a,  pode chamar á escola para aclaralo (non publicamos os nomes por mor da protección de datos).

Para os que non puideron asistir, toda a información está nas oficinas do noso centro á vosa disposición (en horario de 9:00h. a 14:00 h ata o 30 de xuño) polo que podedes pasarvos a recollela.

No mes de setembro (antes de comezar o período) chamarásevos para unha nova xuntanza coas titoras dos grupos.

MOITAS GRAZAS 😊




No hay comentarios:

Publicar un comentario