Chegou a época de Samaín e os nen@s de 6º de educación infantil non se quixeron perder unha
visita moi especial ao museo Liste, a cal prometía traer máis dun susto.
Chegados ao museo estivemos moi atent@s aprendendo novas e interesantes cousas sobre
o Samaín, ao igual que curiosidades sobre a estación na que se celebra, o outono. Tras isto
tocou o momento de amosar as nosas habilidades artísticas mediante a creación
dunhas manualidades terroríficas, para logo e por último, recibir a invitación da meiga que vive no
museo de visitar o seu túnel segredo, coa condición de afrontar os desafíos que alí se nos
plantexaran. Por suposto os superamos todos, e demostramos ser moi valentes na nosa aventura.
A continuación podedes ver as fotos que dan fe do ben que o pasamos😊.
No hay comentarios:
Publicar un comentario