Como todos os anos, fixemos a xa tradicional saída de arte con chocolate.
Primeiro visitamos o museo da Fundación, onde aprendimos como facer que os nosos debuxos cobrasen vida grazas ao emprego do zoótropo, un aparello que permite colocar unha tira de papel dentro del, para ao xiralo lograr a ilusión do movemento. Ademáis disto aprendimos a buscar as emocións escondidas nos cadros de arte que se atopaban no museo, superando os retos que nos propuxeron.
Despois de tanto esforzo, chegou o momento de facer un descanso merecido cun rico chocolate con churros. Desfrutámolo tanto, que converteuse sen dúbida na nosa parte favorita da excursión .
No seguinte vídeo, podedes ver o ben que o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario