lunes, 10 de marzo de 2025

Entroido 2025

Chegou o entroido e con este, unha nova festa que celebrar na escola. Para iso, primeiro seguimos os mandadiños da semana do Meco, que  axudou a prepararnos para a gran festa do venres, na que os nenos e nenas de infantil, convertíronse en veterinarios/as por un día e desfilaron polo patio para mostrar os seus disfraces, tanto ás familias, como ao resto da escola alí convidada.
Foi un día moi emocionante, que rematou cunha gran merendola e moita troula.



*Moitas grazas a todas aquelas familias que puideron vir á escola a colaborar co taller de disfraces. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario