Como xa é tradición na nosa escola, este ano celebramos o Samaín cunha xornada chea de diversión e algún que outro susto.
As nenas e os nenos de Infantil participaron nun percorrido terrorífico acompañados polas nosas meigas, que lles contaron curiosidades sobre esta festa e propuxeron diferentes retos que superaron con moita valentía.
Para rematar, compartimos unha merenda todos e todas xuntos/as.
PASÁMOLO DE MEDOOOOOO! 🧙♀️🎃




No hay comentarios:
Publicar un comentario