jueves, 12 de diciembre de 2019

Saída "Arte con Chocolate"!!



Como xa é tradición no cole, as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos desfrutamos da primeira saída educativa deste curso, onde combinamos unha visita artística e a degustación dun delicioso chocolate con churros!!

Lentellas, Espaguetis, Formigas e Nécoras visitamos a fundación Laxeiro, onde nos contaron e ensinaron cadros de este pintor, para despois converternos en artistas e facer o retrato dun compañeiro ou compañeira.

Os Círculos e Caracois visitaron NATURNOVA, onde aprenderon por que a Terra é tan especial, como coidala e a clasificar os seres do noso planeta!

Así de ben o pasamos!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario