O tempo de Nadal chegou, cheo de sorpresas e alegrías.
Entre tódolos cursos de infantil construímos con caixas unha árbore de Nadal.
Decoramos as portas e ventás con motivos invernais.
Agradecemos a colaboración das familias que trouxeron adornos feitos con
material de refugallo e puidemos decorar os corredoiros da escola.
Canta
creatividade e orixinalidade!
Vímonos sorprendidos e sorprendidas coa visita das SS.MM. os Reis Magos de
Oriente que recolleron as peticións dos nenos e nenas e deixaron un agarimo
para todos e todas. Sen dúbida un dos momentos máis emocionantes do trimestre.
E o último día antes das vacacións tivemos o festival con todos os
compañeiros e compañeiras do colexio.
Para rematar a festa cantamos con todo o colexio unha panxoliña en inglés e
outra en galego "Volver a casa por Nadal".
Pódese dicir que gozamos todos e todas, non só os
pequerrechos e pequerrechas. Non é difícil deixarse contaxiar pola súa
capacidade de fascinación e o seu encanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario