Os pequenos de infantil celebramos o segundo recital de Rosalía de Castro, coa intención de homenaxear á célebre e importante autora e o seu nacemento, o día 23 de febreiro de 1837. Para elo, invitamos aos maiores a desfrutar do que tiñamos preparado: un recital de poesía e unha xenial exposición, con retratos, biografía e algúns dos poemas máis importantes de Rosalía, na que non faltou tampouco unha representación dos alimentos que forman parte do seu caldo de gloria, do poema ``Miña casiña, meu lar´´.
Podedes ver o ben que o fixeron no seguinte vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario