MULLERES NA ARTE 2023
Como cada ano, con motivo da celebración do Día da Muller, nenos e nenas de Educación Infantil adican o mes de Marzo a investigar sobre o papel das mulleres na sociedade ao longo da historia.
Un traballo que pretende dar visibilidade aos seus logros e, sobre todo, á loita polo recoñecemento dos seus dereitos en todos os ámbitos da sociedade.
Este ano, o noso Museo sobre a Muller inspirouse no marabilloso mundo das ARTES. A Literatura, o Cine, a Escultura, a Arquitectura, a Danza, o Canto e a Pintura contan con grandes mulleres que deixaron a súa pegada para sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario