miércoles, 24 de mayo de 2023

V Feira Do Libro


    Como cada ano, para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, as mestras de infantil preparamos a "Feira do Libro"; un espazo para desfrutar da lectura en compañía dos amigos e amigas.


Para a inauguración deste espazo as nenas e nenos da aula Os Cactus, representaron "un becho estrano" e os nenos e nenas da aula dos Peixes "A que sabe a Lúa".

Para a clausura visitounos Paco Nogueiras, co que pasamos un bo rato entre contos e cancións!!



Ao rematar a feira, como cada ano, cada nena e neno levouse un conto de recordo, fomentando así o hábito lector na escola e fóra dela, con libros e contos de calidade, axeitados a súa idade e libres de estereotipos.


Ademais de todo isto, os nenos e nenas de infantil desfrutaron dunha xornada de apadrinamento lector, onde compartimos tempo e espazo co alumnado de primaria. Despois algúns grupos de infantil visitaron as aulas de primaria para ser nós desta vez os que contamos os contos aos maiores do cole!

Aquí vos deixamos un resumo das actividades




No hay comentarios:

Publicar un comentario