Día Mundial da Diabetes - 14 de novembro de 2023
Cada 14 de novembro celébrase o día mundial da diabetes. Ésta é unha oportunidade para xerar conciencia sobre o impacto da diabetes na saúde das persoas e resaltar as oportunidades para fortalecer a prevención, diagnóstico e tratamiento da mesma.
Na escola contamos con alumnado diabético, e grazas a unha das súas familias, puidemos desfrutar dunha xornada coas crianzas das aulas de 5 anos para coñecer mellor, comprender, normalizar e empatizar todavía máis con esta patoloxía e coas persoas que conviven con ela.
Contacontos con Raquel Queizás
Xogos de concienciación
Convidámosvos a visitar a páxina de ANEIDA Galicia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con diabetes de Galicia) para que coñezadas a súa labor: https://anedia.gal/
Moitas grazas familia por facilitarnos o desfrute e aprendizaxe destas xornadas e como di o lema da asociación...
Que a diabetes non te pare!
No hay comentarios:
Publicar un comentario