O pasado día 31 de outubro pasámolo...DE MEDO! ademáis desta xornada, traballamos a tradición do SAMAÍN en Galicia durante os días previos.
Como contan as lendas galegas "habelas hailas"... e na nosa escola apareceron dúas que nos guiaron por un percorrido terrorífico ao que nos enfrentamos con moita valentía. Botamos os nosos medos no seu caldeiro, superamos varias probas e conseguimos os códigos para desbloquear as portas do seu castelo e recibir a merecida recompensa. Merendamos todos xuntos/as e cantamos a canción do Samaín de Paco Nogueiras xunto cos compañeiros/as de primaria.
Deixámosvos un pequeno resumo do día, que o disfrutedes!
Clic para ver o vídeo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario