O PASADO VENRES 31 DE MAIO CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS XUNTO COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º DE PRIMARIA E OS USUARIOS/AS DO CENTRO DE DÍA OS AVÓS E DA RESIDENCIA CLECEVITAM PARDO BAZÁN.
COMO TODOS SABEMOS, A FESTA DOS MAIOS É A FESTA DA PRIMAVERA. SUPÓN O REVERDECER DAS PRANTAS, O COMEZO DO ANO AGRÍCOLA E A LEDICIA DE VOLVER A VER A LUZ DE SOL QUE TANTA FALTIÑA NOS FAI. ELABÓRANSE ESTRUCTURAS ÁS QUE CHAMAMOS MAIOS, E ARREDOR DELAS CANTAMOS AS COPLAS.
PASAMOS UNHA XORNADA MOI ESPECIAL TODOS XUNTOS/AS QUE CULMINAMOS COMENDO, CANTANDO E BAILANDO.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS E A MARI LUZ (A NOSA LIMPADORA) POR COLABORAR ENVIANDO TANTAS COUSIÑAS PARA DECORAR O NOSO MAIO E AXUDÁNDONOS A ESTAR TAN ENGALANADOS/AS PARA A OCASIÓN.
MOITAS GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS DO CENTRO DE DÍA E DA RESIDENCIA POR VIR PASAR CONNOSCO ESTE DÍA ESPECIAL, ENCANTOUNOS COMPARTILO CON VÓS.
E GRAZAS POR SUPOSTO AS NOSAS COCIÑEIRAS DA ESCOLA, QUE NOS PREPARARON UNHA PAPAROTA RIQUÍSIMA PARA TODOS/AS.
ATA O VINDEIRO ANO E....QUE VIVAN OS MAIOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario