jueves, 6 de junio de 2024

VISITA DOS AMIGOS/AS DO HC SAN RAFAEL

Non paramos! ... o pasado 4 de xuño recibimos aos nosos amigos/as do HC San Rafael (Centro de atención a persoas con Discapacidade Intelectual e de Rehabilitación) que nos viñeron visitar aos de 4 e 5 anos co seu teatro de sombras chinas.

   Este curso con motivo do Samaín prepararon unha representación denominada “O brazo de Mike”. Un conto no que o protagonista, un zombi chamado Mike, esperta no mundo dos vivos e descobre que lle falta un dos seus brazos. Preocupado por como vai atar os seus zapatos, emprende un paseo para atopar o brazo. Polo camiño irá atopándose con un montón de monstros diferentes. Conseguirá atopar o seu brazo?.

Encantounos coñecelos/as e poder desfrutar da súa obra. Moitas grazas por todo e moitos parabéns polo voso traballo. Aquí vos esperamos cos brazos abertos o vindeiro curso para repetir a experiencia con outra nova historia.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario