Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2026

Saída ao cine

 Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine. 

Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe. 

Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.



viernes, 13 de marzo de 2026

8 M

A pasada semana estivemos a levar a cabo un xogo de pistas no que cada aula se atopou finalmente cunha muller especial que dun ou doutro xeito garda relación co proxecto anual deste ano : Algo se coce no Lope

Durante as vindeiras semanas investigaremos sobre todas elas para finalmente formar entre todos/as o que será O MUSEO DA MULLER deste 2026. 

Cando todo estea preparado comezaremos coas visitas... deixarémosvos por aqui unha mostra do todo o traballiño realizado.


8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

TEATRO SOMBRAS INVITADOS/AS

O pasado martes día 10 de marzo recibimos unha visita moi especial. 

Os usuarios de San Rafael viñeron a emocionarse connosco.

Actuaron para nós co seu teatro de sombras representando a obra :

 O MONSTRO DE CORES

Pasámolo xenial! parabéns polo voso fermoso traballo.






lunes, 2 de marzo de 2026

GOZAMOS DO ENTROIDO

  

O pasado venres por fin puidemos celebrar o ansiado entroido xa que o tempo nos deu unha tregua.







Desfilamos coas nosas mellores galas para posteriormente degustar sobremesas típicas deste tempo 
(*moitas grazas familias pola vosa colaboración nos obradoiros de disfraces e polas aportacións culinarias)




ENTROIDO MOLÓN, FROITAS A MONTÓN!

FESTA DIVERTIDA, MACEDONIA COMPARTIDA!


viernes, 6 de febrero de 2026

PREPARANDO O ENTROIDO...

QUENTANDO MOTORES...POR AQUI VOS DEIXAMOS OS MANDADIÑOS DO MECO PARA A SEMANA QUE VÉN...ACHÉGASE A TROULA!.

O VENRES 13 DE FEBREIRO POÑEREMOS NA AULA O DISFRACE QUE ESTAMOS A ELABORAR COA VOSA COLABORACIÓN. DEBEMOS VIR VESTIDOS/AS POR DEBAIXO COMO VOS INDIQUEN AS MESTRAS NO ABALAR QUE RECIBIREDES AO LONGO DO DÍA DE HOXE. ESE DÍA SERÁ A FESTA (SUXEITA A CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, CONFIRMARASE MÁIS ADIANTE). 






* No caso de que si se poida celebrar o desfile, estas son as cantigas que nos acompañarán en Infantil:




DEIXAMOS TAMÉN O ENLACE AO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ONDE PODEREDES AFONDAR MÁIS SOBRE ESTA FESTA:




PAZ 2026

 O pasado 30 de xaneiro conmemoramos na escola o Día Escolar da Non Violencia e da Paz; tan necesarias nestes tempos que corren. 

Xuntámonos todo o centro para cantar xuntos/as e deixar constancia dos nosos ingredientes para que esto sexa unha realidade. 

Como non, para finalizar degustamos o xa tradicional chocolate con churros.





martes, 13 de enero de 2026

MAGOSTO 2025

 O pasado novembro celebramos todos xuntos/as o MAGOSTO na nosa escola.

Pasámolo xenial cos xogos tradicionais que nos explicaron os nosos compañeiros/as maiores distribuíndonos en equipos mixtos por idades.

Despois de tanto divertirnos, degustamos as ricas castañas asadas.Moitas grazas por colaborar.






jueves, 11 de diciembre de 2025

SAMAÍN 2025

 Como xa é tradición na nosa escola, o pasado outubro celebramos o samaín en Infantil. Cada aula realizou un percorrido terrorífico coa compaña de dúas meigas, que ademáis de acompañar, explicaron a orixe desta festa e propuxeron varios retos que superaron con valentía. Ao remate merendamos todos xuntos/as.

PASÁMOLO DE MEDOOOOOO

PREME PARA VISUALIZAR








martes, 7 de octubre de 2025

Visita musical

 


A pasada semana gozamos da primeira visita do curso. Tratouse dunha pequena charla didáctica e dun mini concerto de parte de membros da Escola Ateneo Musical de Bembrive. 

Explicáronnos como facer música con elementos presentes na vida cotiá, presentáronnos os instrumentos que trouxeron consigo e tocaron pezas que todos xuntos/as cantamos e bailamos. 

MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS UN ANO MÁIS.

Deixamos enlace a súa web por se resulta do voso interese:

   https://www.ateneomusicaldebembrive.org/escuela-de-musica/



jueves, 2 de octubre de 2025

Vagalumes e Curuxas

Nas aulas de 3 anos vagalumes e curuxas xa están a tope para vivir o que será o seu primeiro ano de escola, e nós encantadas de acompañalos/as nestes primeiros días...

❤️









 

jueves, 11 de septiembre de 2025

ESTAMOS DE VOLTA !

 BENQUERIDAS FAMILIAS:

DAMOS POR INAUGURADO ESTE NOVO CURSO 25/26  QUE ESTAMOS A COMEZAR.

QUEREMOS OFRECER UNHA CALUROSA BENVIDA ÁS NOVAS CRIANZAS E FAMILIAS QUE SE INCORPORAN Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA POR PRIMEIRA VEZ E ESTAMOS ENCANTADAS/OS DE VOLVER A VER AOS QUE XA FORMABAN PARTE DELA. 

 SERÁ UN CURSO MARABILLOSO.

ARRINCAMOS !


LEMBRAMOS QUE O VINDEIRO 30 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 16:30 H. TEREMOS UNHA XUNTANZA DIRIXIDA A TODAS AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
SERÁ NO COMEDOR DA NOSA ESCOLA E POSTERIORMENTE NAS AULAS DE CADA GRUPO. 


miércoles, 25 de junio de 2025

DESPEDIDA DO CURSO

 Non había mellor cousa que despedir o curso nestas datas celebrando o noso particular SAN XOÁN

Moitas grazas familias polas herbas aportadas e esas bonitiñas coroas

Ollade o ben que o pasamos... ata a sardiña mollou o pan no sentido literal! 

Música: "Pirimpimpin" Malvela

Con isto despedímonos ata o vindeiro curso, necesitamos descansar e cargar as nosas baterías de novo para voltar con máis forza!!

FELIZ VERÁN PARA TODOS/AS !

lunes, 9 de junio de 2025

Encontros interxeracionais

 As pasadas semanas tivemos o privilexio de vivir unhas xornadas de encontros interxeracionais cos nosos "veciños e veciñas" da residencia de maiores CLECE VITAM e do Centro de Día "OS AVÓS".

MOITAS GRAZAS por recibirnos con tanto agarimo; encantounos pasar convosco ese tempiño de tanta calidade que quedará para sempre nos nosos corazóns e que resultou tan enriquecedor para ambas partes.

💗 








Recollemos a colleita

 Durante estes días fomos recollendo a colleita que con tanto agarimo coidamos dende o incio de primavera.

Con ela, fomos elaborando estas cousiñas nas diferentes aulas...


MERENDOLAS  SAUDABLES







XABÓNS ARTESANAIS DE LAVANDA







    O ANO FOI PRODUTIVO...SEGUIREMOS INFORMANDO! 😍