Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine.
Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe.
Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.
Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine.
Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe.
Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.
Como todos os anos, fixemos a xa tradicional saída de arte con chocolate.
Primeiro visitamos o museo da Fundación, onde aprendimos como facer que os nosos debuxos cobrasen vida grazas ao emprego do zoótropo, un aparello que permite colocar unha tira de papel dentro del, para ao xiralo lograr a ilusión do movemento. Ademáis disto aprendimos a buscar as emocións escondidas nos cadros de arte que se atopaban no museo, superando os retos que nos propuxeron.
Despois de tanto esforzo, chegou o momento de facer un descanso merecido cun rico chocolate con churros. Desfrutámolo tanto, que converteuse sen dúbida na nosa parte favorita da excursión .
No seguinte vídeo, podedes ver o ben que o pasamos!
Chegou a época de Samaín e os nen@s de 6º de educación infantil non se quixeron perder unha
visita moi especial ao museo Liste, a cal prometía traer máis dun susto.
Chegados ao museo estivemos moi atent@s aprendendo novas e interesantes cousas sobre
o Samaín, ao igual que curiosidades sobre a estación na que se celebra, o outono. Tras isto
tocou o momento de amosar as nosas habilidades artísticas mediante a creación
dunhas manualidades terroríficas, para logo e por último, recibir a invitación da meiga que vive no
museo de visitar o seu túnel segredo, coa condición de afrontar os desafíos que alí se nos
plantexaran. Por suposto os superamos todos, e demostramos ser moi valentes na nosa aventura.
A continuación podedes ver as fotos que dan fe do ben que o pasamos😊.
O alumnado de 5 anos visitou "Donde viven los cuentos" en Nigrán, para celebrar xuntos/as a fin de Infantil.
Tiveron tempo de xogo libre, obradoiros de pan, elaboración de perfumes e pulseras con elementos da natureza.
Pasárono en grande!
Todo infantil marchamos ao Parque da auga de Mos celebrar a fin do curso!
Pasámolo en grande mollándonos cos seus chorros, xogando no parque ... e gozando de estar todos/as xuntos/as!
.jpg)
O pasado xoves fomos de saída ao teatro García Barbón para ver a obra "PINGÜIN"
Como xa vén sendo tradición, en decembro realizamos unha visita educativa a un museo de Vigo (nesta ocasión ao MARCO para ver a exposición de Juan Giralt e realizar un obradoiro artístico) acompañada dun rico chocolate con churros para repoñer forzas.
Pasámolo xenial!