Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine.
Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe.
Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.
Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine.
Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe.
Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.
A pasada semana estivemos a levar a cabo un xogo de pistas no que cada aula se atopou finalmente cunha muller especial que dun ou doutro xeito garda relación co proxecto anual deste ano : Algo se coce no Lope
Durante as vindeiras semanas investigaremos sobre todas elas para finalmente formar entre todos/as o que será O MUSEO DA MULLER deste 2026.
Cando todo estea preparado comezaremos coas visitas... deixarémosvos por aqui unha mostra do todo o traballiño realizado.
O pasado venres por fin puidemos celebrar o ansiado entroido xa que o tempo nos deu unha tregua.
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos na escola o Día Escolar da Non Violencia e da Paz; tan necesarias nestes tempos que corren.
Xuntámonos todo o centro para cantar xuntos/as e deixar constancia dos nosos ingredientes para que esto sexa unha realidade.
Como non, para finalizar degustamos o xa tradicional chocolate con churros.
O pasado novembro celebramos todos xuntos/as o MAGOSTO na nosa escola.
Pasámolo xenial cos xogos tradicionais que nos explicaron os nosos compañeiros/as maiores distribuíndonos en equipos mixtos por idades.
Despois de tanto divertirnos, degustamos as ricas castañas asadas.Moitas grazas por colaborar.
Como xa é tradición na nosa escola, o pasado outubro celebramos o samaín en Infantil. Cada aula realizou un percorrido terrorífico coa compaña de dúas meigas, que ademáis de acompañar, explicaron a orixe desta festa e propuxeron varios retos que superaron con valentía. Ao remate merendamos todos xuntos/as.
PASÁMOLO DE MEDOOOOOO
A pasada semana gozamos da primeira visita do curso. Tratouse dunha pequena charla didáctica e dun mini concerto de parte de membros da Escola Ateneo Musical de Bembrive.
Explicáronnos como facer música con elementos presentes na vida cotiá, presentáronnos os instrumentos que trouxeron consigo e tocaron pezas que todos xuntos/as cantamos e bailamos.
MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS UN ANO MÁIS.
Deixamos enlace a súa web por se resulta do voso interese:
https://www.ateneomusicaldebembrive.org/escuela-de-musica/
Non había mellor cousa que despedir o curso nestas datas celebrando o noso particular SAN XOÁN
Moitas grazas familias polas herbas aportadas e esas bonitiñas coroas
Ollade o ben que o pasamos... ata a sardiña mollou o pan no sentido literal!
FELIZ VERÁN PARA TODOS/AS !
As pasadas semanas tivemos o privilexio de vivir unhas xornadas de encontros interxeracionais cos nosos "veciños e veciñas" da residencia de maiores CLECE VITAM e do Centro de Día "OS AVÓS".
MOITAS GRAZAS por recibirnos con tanto agarimo; encantounos pasar convosco ese tempiño de tanta calidade que quedará para sempre nos nosos corazóns e que resultou tan enriquecedor para ambas partes.
💗
Durante estes días fomos recollendo a colleita que con tanto agarimo coidamos dende o incio de primavera.
Con ela, fomos elaborando estas cousiñas nas diferentes aulas...
MERENDOLAS SAUDABLES
XABÓNS ARTESANAIS DE LAVANDA
Partindo da celebración do 8 M e do Proxecto Anual de Centro “Os animais”, cada aula investigou a unha muller relacionada dalgún xeito co mundo animal.
Como resultado, creamos este precioso museo nos nosos
corredores para uso e desfrute de todos/as. Na montaxe podedes ver unha pequena escolma de imaxes.
As mulleres elixidas foron: Pilar del Cañizo, Ruth Harrison, Bárbara Barrera, Mary Leakey, Rosa Chamorro e Rebeca Atencia.
O pasado xoves, enmarcada dentro do noso Proxecto Anual "Os animais", recibimos cos brazos abertos a dúas voluntarias da Asociación Protectora "Os Palleiros".
Explicáronnos o labor desta asociación e cousiñas tan interesantes coma como debemos achegarnos a un can descoñecido, que facer para coidar moi ben dos cans/cadelas, a importancia e concienciación sobre o non abandono animal etc...
Pero o que máis nos gustou de todo foi que viñeran acompañadas de dúas pequenas adorables que fixeron que desfrutaramos moitísimo desta tan grata visita.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON COS PALLEIROS APORTANDO DONACIÓNS MATERIAIS E BIZUMS PARA QUE POIDAN CONTINUAR CO GRAN TRABALLO QUE ESTÁN A DESENVOLVER!
Se vós tamén queredes coñecer mellor á Tribo Palleira, vos animamos a visitar as súas redes sociais nas que van actualizando o contido divulgativo sobre a importancia do benestar animal.