Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de marzo de 2026

GOZAMOS DO ENTROIDO

  

O pasado venres por fin puidemos celebrar o ansiado entroido xa que o tempo nos deu unha tregua.







Desfilamos coas nosas mellores galas para posteriormente degustar sobremesas típicas deste tempo 
(*moitas grazas familias pola vosa colaboración nos obradoiros de disfraces e polas aportacións culinarias)




ENTROIDO MOLÓN, FROITAS A MONTÓN!

FESTA DIVERTIDA, MACEDONIA COMPARTIDA!


viernes, 6 de febrero de 2026

PREPARANDO O ENTROIDO...

QUENTANDO MOTORES...POR AQUI VOS DEIXAMOS OS MANDADIÑOS DO MECO PARA A SEMANA QUE VÉN...ACHÉGASE A TROULA!.

O VENRES 13 DE FEBREIRO POÑEREMOS NA AULA O DISFRACE QUE ESTAMOS A ELABORAR COA VOSA COLABORACIÓN. DEBEMOS VIR VESTIDOS/AS POR DEBAIXO COMO VOS INDIQUEN AS MESTRAS NO ABALAR QUE RECIBIREDES AO LONGO DO DÍA DE HOXE. ESE DÍA SERÁ A FESTA (SUXEITA A CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, CONFIRMARASE MÁIS ADIANTE). 






* No caso de que si se poida celebrar o desfile, estas son as cantigas que nos acompañarán en Infantil:




DEIXAMOS TAMÉN O ENLACE AO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ONDE PODEREDES AFONDAR MÁIS SOBRE ESTA FESTA:




viernes, 2 de febrero de 2024

Mandadiños do Meco

 

Esta semana que comeza será de troula. Deixámosvos os mandadiños do meco para saber cómo teremos que vir cada día. Pregamos que non lle digades nada aos nenos/as excepto o luns porque cada día iremos a visitar ao meco para ver que nos manda traer ao día seguinte.


jueves, 3 de marzo de 2022

XA ESTAMOS NO ENTROIDO



E chegou unha das festas máis desexadas polos pequenos e pequenas do colexio, "o entroido"

O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa onde o máis importante é disfrazarse e pasalo ben, e no Lope de Vega sabemos moi ben como festexalo.

     Para quentar motores decoramos os corredoiros e as nosas aulas traballando a figura dos merdeiros, pantallas, boteiros, peliqueiros ...  personaxes típicos do entroido en Galicia.

A semana do 21 ao 24 de febreiro seguimos as instruccións do Meco que cada ano ten unhas ideas máis tolas.

Como sabedes no colexio temos un Proxecto Anual "A volta ao mundo"e así xurdiu a temática do entroido :Tribus urbanas. 

Deixamos unha pequena mostra do noso entroido.

 Saudiños!!