Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de diciembre de 2025

SAMAÍN 2025

 Como xa é tradición na nosa escola, o pasado outubro celebramos o samaín en Infantil. Cada aula realizou un percorrido terrorífico coa compaña de dúas meigas, que ademáis de acompañar, explicaron a orixe desta festa e propuxeron varios retos que superaron con valentía. Ao remate merendamos todos xuntos/as.

PASÁMOLO DE MEDOOOOOO

PREME PARA VISUALIZAR








viernes, 8 de noviembre de 2024

Samaín 2024

       Chegou a cita máis terrorífica do ano na nosa escola, na que xurdiu por arte de maxia un castelo cheo 

de meigas e un pasadizo cheo de probas e aventuras especiais. Os nenos e nenas de infantil, demostraron

 ser tan valentes que os seus medos convertíronse en lambetadas como premio. Despois de tantas 

sorpresas, chegou o momento de saciar o apetito cunha boa merendola, para logo xogar nun patio no que

 se viron vampiros, esqueletos e algunha outra criatura aterradora. 

No seguinte vídeo podedes ver as probas da nosa escola encantada por un día.

 

viernes, 3 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

   O pasado día 31 de outubro pasámolo...DE MEDO! ademáis desta xornada, traballamos a tradición do SAMAÍN en Galicia durante os días previos. 

   Como contan as lendas galegas "habelas hailas"... e na nosa escola apareceron dúas que nos guiaron por un percorrido terrorífico ao que nos enfrentamos con moita valentía. Botamos os nosos medos no seu caldeiro, superamos varias probas e conseguimos os códigos para desbloquear as portas do seu castelo e recibir a merecida recompensa. Merendamos todos xuntos/as e cantamos a canción do Samaín de Paco Nogueiras xunto cos compañeiros/as de primaria. 

Deixámosvos un pequeno resumo do día, que o disfrutedes!

Clic para ver o vídeo


domingo, 8 de noviembre de 2020

lunes, 18 de noviembre de 2019

SAMAÍN 2019



DURANTE AS PASADAS SEMANAS ESTIVEMOS A REALIZAR EN INFANTIL DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO TEMPO DE SAMÁIN : OBRADOIROS DE COCIÑA E DE LUZ ULTRAVIOLETA,PERCORRIDO TERORÍFICO, PHOTOCALL, MERENDA MONSTRUOSA...


OLLADE O BEN QUE O PASAMOS LENTELLAS, ESPAGUETIS, NÉCORAS, FORMIGAS, CÍRCULOS E CARACOIS.