Mostrando entradas con la etiqueta 5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5 anos. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de junio de 2026

O noso San Xoán

   E para despedir o curso, nada mellor que algo "tan noso" coma un San Xoán particular. 

   Engalanados/as coas herbiñas típicas deste tempo,  saímos disfrutar da fogueira e botar nela todos os nosos medos; a continuación lavamos as nosas cariñas con auga das herbas para atraer á sorte e para rematar gozamos dunha merendola conxunta onde non podían faltar as sardiñas que mollaron o pan (de millo por suposto😁). 

Moitas grazas famlias por todo o aportado para colaborar coa festa.

  Con isto nos despedimos por todo alto dun curso cheo de aprendizaxes e momentos que gardaremos no noso corazón. Que disfrutedes do merecido descanso e teñades un verán marabilloso.

Deica a volta! 💓





Festa da auga

 

A pasada semana puidemos gozar todo Infantil xuntos/as dunha mañá "pasada por auga" para combatir as altas temperaturas e pasalo xenial.

Moitas propostas para xogar en bañador e chanclas mentras as profes "nos regaban" con mangueiras e chafarís. Foi divertidísimo!





Saída fin de ciclo

    O pasado 8 de xuño, o alumnado de 5 anos visitou durante todo o día a Granxa Escola "El Hórreo" en Gondomar.

   Coñecimos as súas instalacións, aos animais residentes e a súa vida e coidados na granxa e ata fixemos un taller de insectos!. 

   Foi un día emocionante que supuxo o broche de ouro aos tres anos maravillosos de Infantil dos Marisquiños e Arcos da Vella!

Deixámosvos a súa web por se vos apetece visitala pola vosa conta e pasar un día en familia rodeados/as de natureza: https://www.granjaelhorreo.com/

viernes, 15 de mayo de 2026

martes, 5 de mayo de 2026

SAÍDA AO TEATRO GARCÍA BARBÓN

 Onte voltamos da ponte e fómonos de saída ao teatro ver unha obra de monicreques: 

"Vuela pluma" : conto sobre a liberdade, a amizade, a búsqueda dos nosos soños... deixamos no seguinte link toda a información: 

 https://escolares.afundacion.org/es/actividad/vuela-pluma/

       PASÁMOLO EN GRANDE!





 

viernes, 24 de abril de 2026

VIII FEIRA DO LIBRO

   A semana pasada tivemos a sorte de poder contar con Paco Nogueiras coma contacontos para anunciar que, un ano máis, como xa é tradición, viviriamos con entusiasmo a Feira do Libro (entorno ao 23 de abril , celebración do Día do Libro).

  Ao remate, cada neno e nena levará un libro para casa, un pequeno tesouro para seguir soñando dende o fogar.










viernes, 17 de abril de 2026

Museo da MULLER

   Partindo da celebración do 8 M e do Proxecto Anual de Centro “Algo se coce no Lope...”, cada aula investigou durante o mes de marzo a unha muller relacionada dalgún xeito co mundo da cociña/alimentos. 

 Como resultado, instalamos este precioso museo nos nosos corredores para uso e goce de todo o alumnado de Infantil durante dúas semanas.

   As mulleres elixidas foron: Clara Peeters, Louise Moillon, Alice Waters, Lucía Freitas, Eva Arguiñano e Mirna Bamieh. 









martes, 24 de marzo de 2026

Saída ao cine

 Onte tivemos a sorte de voltar da ponte por todo o alto facendo unha saída ao cine. 

Para moitos/as era a primeira vez, polo que foi ainda máis especial se cabe. 

Moitas grazas a MULTICINES NORTE polo trato e a acollida.



viernes, 13 de marzo de 2026

8 M

A pasada semana estivemos a levar a cabo un xogo de pistas no que cada aula se atopou finalmente cunha muller especial que dun ou doutro xeito garda relación co proxecto anual deste ano : Algo se coce no Lope

Durante as vindeiras semanas investigaremos sobre todas elas para finalmente formar entre todos/as o que será O MUSEO DA MULLER deste 2026. 

Cando todo estea preparado comezaremos coas visitas... deixarémosvos por aqui unha mostra do todo o traballiño realizado.


8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

TEATRO SOMBRAS INVITADOS/AS

O pasado martes día 10 de marzo recibimos unha visita moi especial. 

Os usuarios de San Rafael viñeron a emocionarse connosco.

Actuaron para nós co seu teatro de sombras representando a obra :

 O MONSTRO DE CORES

Pasámolo xenial! parabéns polo voso fermoso traballo.






lunes, 2 de marzo de 2026

GOZAMOS DO ENTROIDO

  

O pasado venres por fin puidemos celebrar o ansiado entroido xa que o tempo nos deu unha tregua.







Desfilamos coas nosas mellores galas para posteriormente degustar sobremesas típicas deste tempo 
(*moitas grazas familias pola vosa colaboración nos obradoiros de disfraces e polas aportacións culinarias)




ENTROIDO MOLÓN, FROITAS A MONTÓN!

FESTA DIVERTIDA, MACEDONIA COMPARTIDA!


viernes, 6 de febrero de 2026

PREPARANDO O ENTROIDO...

QUENTANDO MOTORES...POR AQUI VOS DEIXAMOS OS MANDADIÑOS DO MECO PARA A SEMANA QUE VÉN...ACHÉGASE A TROULA!.

O VENRES 13 DE FEBREIRO POÑEREMOS NA AULA O DISFRACE QUE ESTAMOS A ELABORAR COA VOSA COLABORACIÓN. DEBEMOS VIR VESTIDOS/AS POR DEBAIXO COMO VOS INDIQUEN AS MESTRAS NO ABALAR QUE RECIBIREDES AO LONGO DO DÍA DE HOXE. ESE DÍA SERÁ A FESTA (SUXEITA A CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, CONFIRMARASE MÁIS ADIANTE). 






* No caso de que si se poida celebrar o desfile, estas son as cantigas que nos acompañarán en Infantil:




DEIXAMOS TAMÉN O ENLACE AO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ONDE PODEREDES AFONDAR MÁIS SOBRE ESTA FESTA:




PAZ 2026

 O pasado 30 de xaneiro conmemoramos na escola o Día Escolar da Non Violencia e da Paz; tan necesarias nestes tempos que corren. 

Xuntámonos todo o centro para cantar xuntos/as e deixar constancia dos nosos ingredientes para que esto sexa unha realidade. 

Como non, para finalizar degustamos o xa tradicional chocolate con churros.





martes, 13 de enero de 2026

MAGOSTO 2025

 O pasado novembro celebramos todos xuntos/as o MAGOSTO na nosa escola.

Pasámolo xenial cos xogos tradicionais que nos explicaron os nosos compañeiros/as maiores distribuíndonos en equipos mixtos por idades.

Despois de tanto divertirnos, degustamos as ricas castañas asadas.Moitas grazas por colaborar.